
Morriñas de castaña con chocolate negro e abelá: Lote de 2 caixas de 140 g
Bolachas de castaña crocantes cunha deliciosa combinación de chocolate negro e abelá, elaboradas de forma artesanal, con ingredientes de alta calidade, sen glute e sen usar ningún aditivo ou conservante.
Lote de 2 caixas de 140 gramos de Morriñas de castaña con chocolate negro e abelá.
Ingredientes:
Castañas, fariña de castaña, amidón de millo sen glute, copos de avea sen glute, fariña de avea sen glute, cobertura de chocolate negro (cacao 52% mínimo, azucre, pasta de cacao, manteiga de cacao, emulxente (lecitina de soia) e aroma), abelás, ovos, nata, aceite de oliva e azucre.
Non se admite devolución ao tratarse de produtos de alimentación.
No caso de recibir o produto ou o envase en mal estado, dispón de 7 dias, a partir da data de recepción da mercadoría, para realizar unha reclamación. Para iso, debe realizar unha notificación por escrito ao correo electrónico info@morrinasdecastana.com, trasladando a súa non conformidade coa mercadoría e o motivo. Morriñas de castaña comprométese a recoller e cambiar os produtos, asumindo os custos da devandita devolución e executando o cambio nun prazo de 15 días naturais desde a recepción dos anteriores.
MÉTODO DE ENVÍO
En Morriñas de castaña, realizamos os envíos dos nosos produtos a través dunha empresa de paquetería.
Só se realizan envíos á península ibérica, fóra de Andorra e Xibraltar. Os gastos de envío son gratuítos.
Cando realice un pedido en Morriñas de castaña será informado por correo electrónico á hora de proceder ao envío. Ademais, supervisaremos a entrega e poñerémonos en contacto con vostede se existise algún problema. Por iso, solicitamos o seu número de teléfono no proceso de compra.
PRAZO DE ENTREGA
O prazo de entrega estimado é de 72 horas. Teña en conta que a empresa de paquetería só traballa de luns a venres, polo que n ou reparte os sábados nin os domingos ou festivos. Non podemos garantir unha hora de entrega. A empresa de transporte pode realizar a entrega ao longo do día. No caso de que non poidan localizarlle, a empresa de transporte tentará unha segunda entrega. Se tras o segundo intentosiguen sen localizarlle, deberá recoller o pedido ás instalacións da empresa de transporte.
PEDIDO NON ENTREGADO
Se un pedido é enviado e non se pode ser entregado por causas imputables ao cliente, non se devolverá o importe pago, tendo que abonar 4,50 € adicionais de gastos de envío para o reenvío da mercadoría.
RESPONSABILIDADE NOS PRAZOS DE ENTREGA
A responsabilidade de Morriñas de castaña queda limitada en casos de forza maior (folgas, fenómenos climatolóxicos adversos que impidan o tráfico normal por terra,…). Nestes casos, entregaranse os pedidos canto antes e os prazos arriba indicados non aplicarán.
