MARCA

Morriñas de castaña nace coa ilusión de converter os auténticos sabores da nosa terra, Galicia, nunhas finas e deliciosas galletas da máis alta calidade. A nosa misión é clara: compartir un anaquiño de fogar e espertar esa doce "morriña" con cada bocado, ofrecéndoche un sabor xenuíno e natural.
_edited.jpg)
VALORES

Tradición

Artesanía

Calidade

Sostibilidade
ORIXE
Máis que unha marca, somos a historia dun pequeno obradoiro familiar situado nas montañas do Courel (Lugo), Xeoparque Mundial da UNESCO. Un lugar privilexiado onde se entrelazan a tradición e a natureza, inspirando cada unha das nosas creacións. A castaña é o noso produto estrela e, desde 2006, foi a protagonista do sabor e o legado do noso obradoiro, Delicias do Souto.


SOSTIBILIDADE
En Morriñas de castaña unimos a nosa tradición artesá e respecto pola terra para crear galletas de calidade excepcional, con ingredientes naturais de orixe local que sustentan a nosa coidada elaboración.
Apoiamos a economía da nosa rexión e apostamos pola sostibilidade, con envases 100% biodegradables e accións de reforestación nos bosques galegos. Cada "Morriña" é un produto auténtico, natural e elaborado con agarimo e compromiso ambiental.
